QUE É A SAME?

Desde o ano 2001 a Campaña Mundial pola Educación celebra a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). É unha semana, normalmente en abril, onde os máis de 124 países que traballamos por garantir o dereito á educación, mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo.

A SAME 2017

Preparados para a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2017? Este ano celebrarase do 24 ao 29 de abril, e trataremos de familiarizarnos coa nova axenda dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e especialmente co ODS4, especialmente centrado no dereito á educación. Gustaríanos sobre todo destacar  a importancia de que a cidadanía esixa aos representantes políticos que rendan contas polo cumprimento do ODS4, e que participe activamente nos procesos necesarios para que o dereito a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade sexa unha realidade.

No apartado de materiais podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña este ano. Iremos engadindo novos materiais para as accións de mobilización e incidencia nas próximas semanas. De momento, podes seguir vendo o vídeo da pasada edición da SAME.  Prepáraste para ser activista!?

MATERIAIS

Poñemos a disposición dos centros educativos materiais didácticos para sensibilizarse e concienciar á comunidade educativa sobre a importancia do Dereito á Educación.

 

Que nos xogamos? Se queredes poñer a proba os vosos coñecementos sobre a situación da educación no mundo, animámosvos a probar o noso pequeno Trivial sobre o dereito á educación. Unha ferramenta divertida para aprender xogando? Preme na seguinte ligazón,e mellora as túas puntuacións!

 

Todos os anos a SAME xira ao redor dun tema polo que nos mobilizamos e presionamos aos nosos políticos para que cumpran os seus compromisos respecto ao dereito á Educación. As mensaxes crave da Campaña pódense atopar no Documento de posicionamento.

Cada ano preparamos adhesivos, carteis, vídeos, para dar difusión á SAME e que a nosa voz poida chegar á cidadanía. Ademais tras cada SAME preparamos unha Memoria onde recollemos todos os esforzos dos nosos activistas polo Dereito á Educación.

Para construír unha cidadanía informada e concienciada sobre o Dereito á Educación que salga á rúa para reclamar este Dereito básico de todas as persoas no mundo cada ano preparamos propostas de mobilización nos centros educativos e na rúa para que a cidadanía e os representantes políticos poidan escoitar aos nosos activistas.