Skip navigation

Banners da SAME 2012

Xa podes descargarche os banners da SAME 2012. Colócaos na túa páxina web e ponlle un enlace á web da Campaña Mundial pola Educación (http://www.cme-espana.org)

Cartel da SAME 2012

Xa está dispoñible tamén o cartel para conseguir unha maior difusión e que todo o mundo acuda aos actos da SAME 2011.

Folleto da SAME 2012

O tríptico da Semana de Acción Mundial pola Educación 2012 axudarache a explicar en poucas palabras que é a CME e cal é o noso obxectivo para este novo ano. Imprímeo ou compárteo en PDF para que todo o mundo coñeza e defenda o dereito á educación na primeira infancia!

Documento de Posicionamento da SAME 2012

Quizais este sexa un dos materiais de difusión máis relevantes. É o que contén todos os nosos argumentos en defensa do dereito á educación da primeira infancia, o obxectivo específico da nosa campaña deste ano. Así que... procura que o lea canta máis xente mellor!