Propostas
Un dos principais retos que a comunidade internacional debe solucionar xa para cumprir en 2015 cos Obxectivos de Dakar e do Milenio é conseguir a cantidade de recursos necesaria para financiar a Educación Básica Universal para todos e todas. Para iso é necesario:
- Que os países do Sur se comprometan a destinar un 20% do seu orzamento a educación.
- Un compromiso plurianual e predicible dos gobernos do Norte en materia de AOD educativa, para financiar os plans nacionais educativos dos gobernos do Sur e, en particular, salarios dignos para o profesorado.
- Que a sociedade civil e os parlamentos poidan esixir libremente aos seus gobernos o cumprimento dos seus compromisos e responsabilidade polo gasto en educación.
- Eliminar as barreiras que impiden que os recursos cheguen aos que máis os necesitan, como:
- As condicións que os organismos financeiros internacionais impoñen aos gobernos do Sur, que impiden en moitos casos o financiamento do salario dos seus docentes.
- A débeda externa, que supón unha carga insoportable para os gobernos máis empobrecidos do planeta, e repercute negativamente no fomento da educación.
- O incumprimento por parte dos gobernos do Norte do seu compromiso de alcanzar canto antes o obxectivo do 0,7% do PIB para AOD.
5. Afrontar os factores que exclúen as nenas do acceso á educación. Os gobernos teñen que facer un grande esforzo para erradicar a discriminación por razón de xénero.
Segue lendo as nosas propostas no documento de posicionamento da SAME 2011