Skip navigation

A CME xurdiu como un movemento da sociedade civil para dar seguimento aos 6 obxectivos de Educación para Todos e Todas (EPT) acordados polos participantes no Foro Mundial sobre a Educación celebrado en Dakar, Senegal en abril de 2000.

Así mesmo, a CME céntrase nos dous Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio relacionados coa educación:

  • Obxectivo 2, que pretende garantir que todos os nenos e nenas finalicen un ciclo completo de ensino primario.
  • Obxectivo 3, que busca eliminar a desigualdade de xénero no ensino primario e secundario, preferentemente en 2005; e a todos os niveis en 2015.

Dende 2001, a Campaña Mundial pola Educación organiza durante a última semana de abril a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Traballamos en rede, fomentando as alianzas, para conseguir os seguintes obxectivos:

  • Promover o dereito á educación, a través da INCIDENCIA POLITICA.
  • Dar seguimento ás políticas de cooperación para educación e facer propostas para a súa mellora.
  • Difundir, sensibilizar e educar á sociedade española sobre o incumprimento do dereito á educación nos países do Sur.

O lema da Semana de Acción Mundial pola Educación de 2011 é: A educación non é un conto; polos dereitos das nenas e as mulleres. No ano no que o Día Internacional da Muller conmemora o seu 100 aniversario, temos como tema central a educación das nenas e as mulleres. Queremos conseguir sensibilizar á clase política e á opinión pública sobre a importancia da educación das mulleres e as nenas e sobre a necesidade de actuar de xeito urxente, posto que aínda os dous terzos das persoas adultas sen alfabetizar son mulleres; e dos 69 millóns de nenos e nenas en todo o mundo sen escolarizar, o 54% son nenas.

Este ano co lema Con dereitos dende o principio. Por unha educación temperá de calidade, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para recordar ás e os líderes políticos a importancia de que todos os nenos e nenas poidan acceder a programas de atención e educación nos seus primeiros anos de vida, e para pedirlles que tamén recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.