IV XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO: “A educación o camiño para á paz”

Presentamos a cuarta edición das xornadas dedicadas á Educación para o Desenvolvemento (ED) na Facultade de Ciencias da Educación.

Este ano, a xornada está centrada na EDUCACIÓN COMO CAMIÑO PARA A PAZ, lema desta edición da Campaña Mundial pola Educación.A xornada, ademais enmárcase nos esforzos da Universidade de Santiago de Compostela por divulgar e facer efectiva a Axenda 2030 con especial compromiso co ODS 4 centrado na educación.

A actividade aglutina diferentes proxectos e experiencias no ámbito da ED financiados por Cooperación Galega e outros organismos internacionais. A coordinación das xornadas enmárcase no proxecto A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

O alumnado e o profesorado son elementos fundamentais na xeración dun novo modelo comprometido cos dereitos de todas as culturas e de todas as persoas, coa xustiza e a igualdade de oportunidades, con especial incidente na infancia. O profesorado é un elemento multiplicador, especialmente na educación superior na que se forxan os perfís profesionais e as cidadáns do futuro. No caso das titulacións de educación, o efecto é exponencial, a formación de docentes espalla o impacto da ED.

Destacar, o esforzo que nestes anos ven compartindo Solidariedade Internacional de Galicia, sen elas, non chegariamos a esta nova edición.

A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ( RGCUD), o Servizo de Participación e Integración Universitaria ( SEPIU) e a Oficina de Desenvolvemento Sustentable ( ODS), animámosvos a compartir esta experiencia.

OBXECTIVOS

  • Xerar un espazo compartido de coñecemento e recoñecemento da educación como ferramenta de desenvolvemento e sobre a ED hoxe.
  • Sensibilizar á comunidade universitaria cara aos ODS e a toma de conciencia sobre a corresponsabilidade do cumprimento da Axenda 2030.
  • Achegar o ámbito de intervención da ED ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e doutras especialidades como ámbito incidente no desempeño profesional.
  • Visibilizar o traballo das entidades implicadas na cooperación e a ED.

DATA e LUGAR A xornada celebraranse na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida o día 10 de abril en horario de 9:30 a 14 e de 16 a 20.

INSCRICIÓN A inscrición pódese formalizar na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1Lygg_1G6841M-g-N5y2UEUgOoTJopMnkL_mlO8TjxvU/viewform?ts=5aa68508&edit_requested=true . As prazas adxudicaranse por orde de inscrición ata completar o aforamento.

CERTIFICACIÓN Unha vez celebradas as xornadas e segundo a inscrición nas mesmas e a asistencia de cada participante recoñecerase a través dunha certificación.

Descarga el programa aquí

Cartel Seminario JPG